A paralización do Centro Integral de Saúde (CIS) de Ourense será obxecto dunha pregunta do BNG no vindeiro Pleno do Parlamento galego, segundo anunciou a deputada Noa Presas.
A formación nacionalista cualifica a situación como unha “chapuza da Xunta”, tras a decisión de deter o proxecto á espera da resolución xudicial dos recursos veciñais.
O BNG levará ao Parlamento a paralización do CIS de Ourense
Presas critica a falta de “transparencia e explicacións” sobre un investimento anunciado en 2020 e que continúa sen executarse.

Desde o BNG lembran que tanto o persoal sanitario como as persoas usuarias xa amosaran o seu rexeitamento á reorganización dos servizos proposta pola Xunta. Ademais, subliñan que, mentres cidades como Lugo, Vigo ou Lalín xa contan con CIS en funcionamento, Ourense segue sen esta infraestrutura.
A deputada reclama diálogo co persoal sanitario e unha rectificación da Xunta para definir o futuro do proxecto e dos servizos sanitarios na cidade.

