O grupo municipal do BNG pide impulsar o Campus de Ourense mediante a cesión de terreos que permitan a súa ampliación e o soterramento da Avenida Otero Pedrayo.
«Pasaron xa 30 anos desde que a sociedade ourensá manifestara públicamente e a través de varias concentracións, a súa vontade de que Ourense non quedara atrás no mapa universitario galego e contara polo tanto cun Campus con titulacións que responderan ás demandas da sociedade do momento«, indicou a concelleira Erea Blanco.
O BNG pide impulsar o Campus de Ourense
A moción que o BNG presentará no concello de Ourense responde á necesidade de coidar e potenciar o Campus de Ourense. «O Campus de Ourense é unha oportunidade para o desenvolvemento económico, social e demográfico de Ourense». Por este motivo, desde o BNG solicitan ás administracións, «traballar da man en defensa de toda reivindicación encamiñada á mellora dos servizos públicos e das infraestruturas«.
As dúas propostas que recolle a moción permitirían a expansión do Campus e a mellora da mobilidade e a accesibilidade. Na moción, o grupo municipal do BNG solicita ó concello:
- levar a cabo todas as xestións e todos os trámites administrativos precisos e conducentes á posta a disposición da Universidade de Vigo dos terreos necesarios para a ampliación do Campus Universitario de Ourense,
- impulsar o soterramento do tráfico na Avda Otero Pedrayo co fin de permeabilizar o Campus e favorecer a mobilidade e a accesibilidade na zona.
O pleno do concello de Ourense do mes de abril terá lugar este venres, día 5.