Noticias

BNG e PSOE solicitan un pleno extraordinario en Ourense

BNG e PSOE solicitan un pleno extraordinario no concello de Ourense para tratar os recortes que o alcalde anunciou e que suporán o peche de dúas oficinas das UNIS.

Os portavoces de ambos partidos, Natalia González polo PSdeG-PSOE e Luís Seara polo BNG, presentaron a solicitude no rexistro municipal.

BNG e PSOE solicitan un pleno extraordinario en Ourense

BNG e PSOE solicitan un pleno extraordinario en Ourense
Foto: Natalia González (PSOE) e Luís Seara (BNG)

Actualmente, o concello de Ourense conta con catro Unidades Interdisciplinares de Intervención Social (UNIS) que serán reducidas a só dúas segundo anunciou o alcalde de Ourense. No pleno extraordinario que solicitan ambos partidos esixirán:

  • Manter as 4 Unidades Interdisciplinares de Intervención Social do concello de Ourense,
  • Manter e prorrogar o programa integral de avance social post COVID-19,
  • Trasladar ó Pleno de maneira urxente unha proposta de modificación orzamentaria para abonar as subvencións ás once entidades sociais que quedaron fora por falta de crédito.

Botón volver arriba