Noticias

O BNG cuestiona a sección de violencia de Ourense

O BNG pide explicacións polo funcionamento da Sección de Violencia sobre a Muller de Ourense cando se cumpren case cinco meses da súa entrada en servizo.

Consideran que a comarcalización do servizo está a prexudicar especialmente ás vítimas do rural.

O BNG cuestiona a sección de violencia de Ourense

O deputado do BNG por Ourense, Iago Tabarés, criticou que a unidade, con sede en Ourense, dea cobertura a sete partidos xudiciais, 74 concellos e máis de 275.000 habitantes cunha única praza.

O BNG cuestiona a sección de violencia de Ourense
Foto: BNG

Tabarés asegura que a medida non foi acompañada dun reforzo suficiente de persoal e advirte de que obriga a moitas mulleres a realizar longos desprazamentos para comparecer.

O grupo nacionalista solicitará no Parlamento galego datos sobre o número de asuntos rexistrados, os desprazamentos realizados polas vítimas, o uso da videoconferencia e o incremento real de persoal tras a creación desta sección.

Botón volver arriba