O fotógrafo Brais Lorenzo impartirá un curso de fotografía dentro da oferta dos Obradoiros de extensión universitaria do Campus de Ourense para o curso 2023/24.
O ourensán Brais Lorenzo é na actualidade un dos fotógrafos máis relevantes de España grazas ó seu que foi merecedor de numerosos premios nacionais e internacionais.
Brais Lorenzo impartirá un curso de fotografía
As súas fotografías permitiron á cidadanía coñecer de primeira man acontecementos de gran importancia como a situación hospitalaria durante o confinamento ou a crueza do lume na provincia de Ourense.
Brais Lorenzo será o director e mestre deste obradoiro no que intentará transmitir parte dos seus coñecementos ó alumnado. O prazo de inscrición remata este xoves, 5 de outubro, ás 23:59h.
Información do Obradoiro de Fotografía
O obradoiro ten como título «Fotografía. Novas ferramentas para contar a través das imaxes» e terá lugar todos os xoves de 16 a 19:30h entre o 19 de outubro e o 21 de decembro de 2023.
Os participantes no obradoiro recibirán unha formación teórica e práctica na que ademais de aprender a contar historias a través da fotografía traballarán edición fotográfica, incorporación do vídeo ou fotografía con dron.
Programa do Obradoiro
– Iniciación á fotografía.
– Fotografía con móbil.
– Retoque fotográfico.
– Narrativa. Construír un proxecto e contar historias con imaxes.
– Soportes. Como materializar un discurso fotográfico.
– Fotografía con dron. Teoría e práctica.
– Casos prácticos. Asesoramento persoal na toma de fotografías.