Noticias

A campaña de verán busca 22.000 doazóns de sangue

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na cidade na campaña de verán de doazón de sangue impulsada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Esta iniciativa, baixo o lema «Un alento de vida», achega as unidades móbiles da axencia a concellos de toda Galicia para fomentar a participación cidadá durante os meses de verán.

A campaña de verán busca 22.000 doazóns de sangue

A campaña pretende sensibilizar sobre a importancia de manter as doazóns durante o período estival e alcanzar 22.000 doazóns ata finais de agosto.

A campaña de verán busca 22.000 doazóns de sangue
Foto: Delegación da Xunta.

Botón volver arriba