Noticias

Barbadás abre a inscrición do Campus Multideporte de verán

O Concello de Barbadás reforza a súa aposta polo deporte como ferramenta de conciliación familiar durante as vacacións escolares coa posta en marcha, por cuarto ano consecutivo, do Campus Multideporte en colaboración coa Academia Futsal.

A iniciativa combina actividade física, ocio e formación en valores para nenos e nenas durante o verán.

Barbadás abre a inscrición do Campus Multideporte de verán

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que se trata dunha proposta “moi saudable” na que os participantes “practican exercicio, socializan e aprenden valores como o compañeirismo e a deportividade”.

Barbadás abre a inscrición do Campus Multideporte de verán
Foto: Concello de Barbadás

Ademais, subliñou que “a conciliación da vida laboral e familiar é unha gran preocupación da nosa veciñanza”, polo que considera clave este tipo de colaboracións entre administracións e entidades deportivas.

Desde a Academia Futsal agradeceron o apoio municipal e lembraron a boa acollida das edicións anteriores. O campus incluirá actividades como fútbol, fútbol sala, piscina, xogos polideportivos e saídas recreativas.

A actividade desenvolverase en dúas quendas, do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo, nas instalacións do Complexo Deportivo de Barbadás, o campo de fútbol, o polideportivo e a piscina municipal. O horario será de 9:30 h a 13:30 h, con servizo de madrugadores desde as 9:00 h.

Os prezos serán de 60 euros por semana ou 100 euros as dúas semanas para xogadores da Academia e persoas empadroadas en Barbadás, mentres que para o resto de participantes ascenderán a 80 e 150 euros, respectivamente.

Botón volver arriba