Os Centros de Información á muller constitúen en Ourense unha importante rede de asesoramento e impulso dunha sociedade que ten a obriga de camiñar en dirección a unha igualdade real.
Nos últimos anos foron abrindo as súas portas varios puntos de axuda á muller en toda Galicia. En Ourense, un total de 17 centros dan forma a unha importante rede que cumpre unha función primordial.
Dentro dos obxetivos que procuran estes centros de Información atópase o asesoramento e axuda ante a violencia de xénero e procura dunha igualdade real entre mulleres e homes. No Diario oficial de Galicia do 3 de outubro de 2016 quedan fixados os ambiciosos obxectivos destes centros de información.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0244-220916-0003_es.html
Funcións e servizos dun Centro de Información á Muller.
- Asesoramento xurídico e atención psicolóxica,
- Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero,
- Atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade,
- Sensibilización cidadá sobre a igualdade entre mulleres e homes,
- Procura da igualdade de dereitos e integración do colectivo LGTBI,
- Enlace entre as usuarias e os organismos relacionados,
- Difusión de cursos, estudios e xornadas sobre igualdade,
- Organización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas relacionados coa igualdade e a diversidade sexual,
- Recepción de denuncias por discriminación de xénero e identidade ou orientación sexual e traslado ós organismos correspondentes.
Centros de Información á Muller en Ourense
A continuación mostramos o listado de tódolos CIM que están en funcionamento na provincia de Ourense e o contacto de cada un.
CIM da Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda
A Pena 32101 Vilamarín Teléfono: 988 286 184
Correo electrónico: cimsantagueda@gmail.com
CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín
Rúa Cancelón, 1 32600 Verín Teléfono: 988 414 600
Correo electrónico: cim@mancoverin.es
CIM da Mancomunidade Intermunicipal de Conso-Frieiras
Estrada das Ventas a Vilardevós, nº 65 baixo, Edificio Multiusos 32611 Riós Teléfono: 988 594 487
Correo electrónico: cim.mancomunidadeconsofrieiras@gmail.com
CIM da Mancomunidade Terra de Celanova
Barrio da Hermida, 39 32800 Celanova Teléfono: 988 451 646
Correo electrónico: cim@terradecelanova.es
CIM da Mancomunidade Voluntaria do Ribeiro
Fondal de Beade, s/nº 32431 Beade Teléfono: 988 477 153
Correo electrónico: cimribeiro@ribeiro.org
CIM da Pobra de Trives
Paseo de San Roque, 4 – 2º 32780 A Pobra de Trives Teléfono: 988 330 012
Correo electrónico: cimtrives@gmail.com
CIM de Avión
Praza do Concello, 1 32520 Avión Teléfono: 988486528
Correo electrónico: muller@concelloavion.org
CIM de Barbadás
Barrio Fornos, 4 32890 Barbadás Teléfono: 988 222 251
Correo electrónico: igualdade@barbadas.gal
CIM de O Barco de Valdeorras
Praza do Concello, 1 – baixo 32300 O Barco de Valdeorras Teléfono: 988 320 202
Correo electrónico: cim@concellodobarco.org
CIM de Carballeda de Avia
Rúa Castelao, 4 32412 Carballeda de Avia Teléfono: 988 487 000
Correo electrónico: cimcarballeda@gmail.com
CIM de Maceda
Xardíns Rosalía de Castro 32700 Maceda Teléfono: 988 463 554
Correo electrónico: cim@concellodemaceda.org
CIM de Muíños
Praza San Rosendo, 1 – Mugueimes 32880 Muíños Teléfono: 988 456 403
Correo electrónico: cim.muinos@hotmail.com
CIM de O Carballiño
Rúa Faustino Santalices, 10 32500 Carballiño Teléfono: 988 531 076
Correo electrónico: cim@carballino.gal
CIM de O Pereiro de Aguiar
Praza do Concello, núm.1 32710 O Pereiro de Aguiar Teléfono: 988 032 554
Correo electrónico: cim@pereiro.gal
CIM de Ourense
Rúa Ensino, 24 32002 Ourense Teléfono: 988 393 191 Fax: 988 393 200
Correo electrónico: concelleriamuller@ourense.es
CIM de Viana do Bolo
Rúa Constitución, 14 32550 Viana do Bolo Teléfono: 988 329 260
Correo electrónico: cimviana@gmail.com
CIM de Xinzo de Limia
Avenida de Ourense, 19 32630 Xinzo de Limia Teléfono: 988 460 848
Correo electrónico: cimconcelloxinzodelimia@gmail.com