O Concello de Ourense entregou na Sala Valente o XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades á empresaria e avogada Marisol Nóvoa Rodríguez, a título póstumo, no marco do 8-M, Día Internacional das Mulleres.
O xurado destacou a súa traxectoria como “exemplo de compromiso e solvencia profesional” e a súa contribución á presenza feminina en postos directivos.
Ourense premia a Marisol Nóvoa coa distinción Clara Campoamor
No acto participaron o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Igualdade, Noa Rouco. A súa sobriña, Lara Ferradás Nóvoa, recolleu o premio.

Jácome subliñou que Nóvoa foi pioneira ao liderar a Confederación Empresarial de Ourense, demostrando que “o liderado non entende de xéneros”.

