Noticias

Cesar Fernández recibe ós grupos das Xornadas de Folclore na Deputación

Cesar Fernández, vicepresidente segundo, recibe ós grupos das Xornadas de Folclore na Deputación de Ourense para darlles unha cálida benvida.

Unha representación dos seis grupos participantes acudiron ó Pazo Provincial onde ademais do vicepresidente, estaban presentes Xulio Fernández, director artístico do festival, e Aurelio Gómez, asesor cultural da Deputación.

Cesar Fernández recibe ós grupos das Xornadas de Folclore na Deputación

Cesar Fernández destacou que os participantes «forman parte dunha actividade consolidade, unha das máis esperadas dunha provincia de raíces emigrantes e que, quizais por iso, ten unha especial sensibilidade cara outras culturas».

Cesar Fernández recibe ós grupos das Xornadas de Folclore na Deputación
Foto: Deputación de Ourense

Ademais de desexarlles que gocen «do territorio, das vilas, das termas e do patrimonio», Cesar Fernández fixo entrega as delegacións dun diploma acreditativo da súa participación e un agasallo. As Xornadas de Folclore 2022 seguen a percorrer a provincia sen descanso para achegar a cada vila o patrimonio cultural dos participantes.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba