Eventos

Chegou o Nadal ó Pereiro de Aguiar

Chegou o Nadal ó Pereiro de Aguiar cun atractivo programa de actividades pensado para fomentar a participación das familias.

O concello de Pereiro de Aguiar presenta un programa de actividades que ten como eixo principal a participación das familias nas distintas propostas.

Chegou o Nadal ó Pereiro de Aguiar

As festas de nadal teñen un significado especial, son festas nas que a familia ten un importante protagonismo. Nese espazo, o concello de Pereiro de Aguiar presenta un total de catro concursos para impulsar a participación de persoas de todas as idades.

Os concurso de Tarxetas de Nadal, Beléns, Decoración e Adornos de Nadal son acollidos con agarimo pola veciñanza. Numerosas persoas do concello están a participar nestes concurso onde a creatividade supón o ingrediente principal.

Para completar esta programación, o concello tamén organizou actividades de carácter social, musical e solidaria. No ámbito musical, Emilio Rúa será o encargado de ofrecer un concerto de nadal o 26 de decembro. Non faltará tampouco a tradicional visita dos personaxes tradicionais do nadal. Papá Noel e os Reis Magos visitarán Pereiro para ledicia dos máis pequenos.

Programa de Nadal no Pereiro

  • 18 de decembro – Mercadillo Solidario
  • 23 de decembro – Visita de Papá Noel
  • 26 de decembro – Concerto de Emilio Rúa
  • 28 de decembro – O arquivo do chivo (actividade familiar)
  • 3 de xaneiro – Acuario (actividade familiar)
  • 5 de xaneiro – Visita dos Reis Magos
Chegou o Nadal ó Pereiro de Aguiar
Cartel do Nadal no Pereiro

Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba