O compromiso da Deputación de Ourense co concello de Riós permitirá a realización de actividades socioculturais e de mellora de infraestruturas.
Manuel Baltar, presidente da Deputación provincial, recibiu á alcaldesa de Riós, Eva Barrio. A reunión permitiu dar continuidade a boa sintonía existente entre ambas institucións.
Compromiso da Deputación co concello de Riós
«Grazas ao compromiso de representantes públicos como a alcaldesa, sempre formulando propostas para a mellora da calidade de vida da veciñanza», destacou Manuel Baltar.

As propostas da alcaldesa de Riós tiñan como obxectivo a dinamización sociocultural e a mellora de infraestruturas nalgúns núcleos de poboación. Eva Barrio puxo en valor «a implicación que demostra sempre o presidente do goberno provincial con Riós».