Noticias

O concello rescatará a concesión da cafetería do Xardín Xaponés

O concello de Ourense rescatará a concesión da cafetería do Xardín Xaponés ante o suposto incumprimento das condicións acordadas.

Os responsables do BNG no concello de Ourense denunciaron o 2 de abril a situación irregular da cafetería do Xardín Xaponés. Esta irregularidade producíase ó realizarse unha cesión a terceiros para a súa explotación sen autorización municipal.

O concello rescatará a concesión da cafetería do Xardín Xaponés

«Neste momento temos unha instalación propiedade do Concello, concesionada e cuxo contrato non se está a cumprir, tal e como se desprende dos informes técnicos aos que tivemos acceso e nos que se especifica unha cesión irrregular a terceiros sen ter a previa autorización municipal, tal e como establece o contrato, o que supón un incumprimento flagrante do mesmo sen que por parte do Goberno Local se activasen os mecanismos sancionadores correspondentes» indicaba naquel momento o portavoz nacionalista Luís Seara.

Poucos días despois daquela denuncia pública, o concello iniciaba os trámites para resolver o contrato de concesión. Ante esta situación, Seara indica que «aledámonos de que o Goberno recoñeza as irregulariedades denunciadas polo BNG e, sobor de todo, que actúe para solventalas«.

O concello rescatará a concesión da cafetería do Xardín Xaponés

Conclúe Luís Seara denunciando «que se demostra unha vez máis é a nefasta xestión do actual Goberno local con Jácome á fronte, quen lonxe de cumprir con todo aquilo que pregoaba estando na Oposición, está sumindo ao Concello nun caos organizativo e éconómico sen precedentes. Gobernando para os seus propios intereses e aos dos seus achegados e a costa dos cartos de todas e todos os veciños de Ourense».

Botón volver arriba