Noticias

O concello de Ribadavia insiste en recuperar o antigo matadoiro

O concello de Ribadavia insiste en recuperar o edificio do antigo matadoiro para albergar unha sala de usos múltiples que poidan usar as asociacións e os veciños.

O concello de Ribadavia insiste en recuperar o antigo matadoiro

No ano 2022, o goberno municipal de Ribadavia solicitou á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense axuda para este fin. Os proxectos presentados en ámbalas dúas institucións non tiveron unha resposta que permitise por en marcha os traballos de recuperación deste edificio histórico.

Situado ó carón do río Avia, este edificio necesita unha inversión en torno ós 30.000 euros. Para poder financiar este proxecto, o concello de Ribadavia solicitou á Xunta de Galicia unha subvención de 20.000 euros. A axuda solicitouse dentro da liña destinada ós concellos para a mellora e corrección de impacto paisaxístico.

O concello de Ribadavia insiste en recuperar o antigo matadoiro

Botón volver arriba