Eventos

Concentracións contra os parques eólicos

18 concentracións terán lugar en toda Galicia contra os parques eólicos que se poderían instalar en distintos espazos naturais.

Coincidindo co Día das Montañas, varios colectivos da provincia fan un chamamento contra estas macrocentrais eólicas.

Concentracións contra os parques eólicos

Xinzo de Limia acollerá a concentración na que participará a cidadanía de Ourense e a Limia. Esta mobilización está promovida por 22 asociacións e plataformas que piden un cambio de modelo. ”Existen outros modelos enerxéticos realmente xustos e sustentábeis. Aqueles que entenden a enerxía como un dereito fundamental da sociedade e dos pobos para ter unha vida digna, que poñen o interese social, o ben público e a protección da natureza por diante do lucro e da especulación”.

Concentracións contra os parques eólicos
Serra do Larouco

Entre os proxectos que rexeitan estas asociacións figura o Mistral-Tramontana na Serra do Larouco (Baltar) ou o Lamas II en Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos. A mobilización será este domingo ás 12h en Xinzo de Limia.

Botón volver arriba