Noticias

Convocan o XXVII Certame Literario de Piñor

Desde a Asociación Música e Cultura de Galicia convocan o XXVII Certame Literario de Piñor de narracións breves que conta coa colaboración do concello de Barbadás.

Prestixiosos escritores en lingua galega como Pedro Naveira, José Ángel Corral Suárez, Fabio Rivas Pardo, Clara Vidal López ou Alba Guzmán Falcón figuran entre os premiados das últimas edicións.

Convocan o XXVII Certame Literario de Piñor

O período de presentación dos traballos comezou o 1 de abril e rematará o 24 de maio de 2024. Os participantes neste certame literario optarán a dous premios en cada unha das tres categorías que o forman.

  • Categoría A – maiores de idade
    1º premio – 500€
    2º premio – 320€
  • Categoría B – participantes de 13 a 17 anos
    1º premio – 200€
    2º premio – 100€
  • Categoría C – participantes de educación primaria
    1º premio – 100€
    2º premio – 75€

A cuantía dos premios é un dos motivos que chama á participación neste concurso pero non o principal. A larga traxectoria do Certame Literario de Piñor que en 2024 chega á súa 27ª edición e que conta con importantes figuras literarias entre os premiados das anteriores edicións fai que posúa un importante prestixio no eido literario galego.

Nas bases do certame figuran todos os detalles sobre prazos, presentación, extensión do relato, etc…

Botón volver arriba