Noticias

O CPI Terras de Maside compite en Cantamos coas Mans

O CPI Terras de Maside participa na novena edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos “Cantamos coas Mans”, cuxos vídeos xa están dispoñibles para a súa visualización e votación pública.

A través da páxina web oficial do certame, o público pode ver todas as propostas e escoller a súa favorita no Premio do Público, apoiando así o traballo do alumnado participante.

O CPI Terras de Maside compite en Cantamos coas Mans

O prazo para votar permanecerá aberto ata o mércores 25 de marzo ás 12:00 h, momento no que se pechará o reconto de apoios.

Para votar, preme aquí: Cantamos coas Mans

O centro ourensán compite coa canción “Bubi”, unha peza interpretada polo grupo A Voz das Mouras.

Publicaciones relacionadas

Nesta edición tamén representa á provincia o IES Xesús Taboada Chivite de Verín, coa proposta “Oliveira ardendo”.

O concurso está organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, que promove esta iniciativa co obxectivo de fomentar a inclusión, a creatividade e o uso da lingua de signos entre a comunidade educativa.

Botón volver arriba