Desde o grupo socialista critican a escasa oferta da Escola Municipal Continua que puxo en marcha o goberno municipal de Ourense.
«Esta nova escola, como xa dixemos en reiteradas ocasións, presenta unha formación feble que non responde ás necesidades dos ourensáns e ourensás e, por suposto, non serviu para borrar o espírito e a excelencia da Universidade Popular» indica a concelleira Cristina Cruz.
Critican a escasa oferta da Escola Municipal Continua
Desde a súa presentación, con 21 cursos, a Escola Municipal Continua xa anulou catro deles. Informática administrativa, pragas e enfermidades de plantas, Mental Gym e barre fit (quenda de mañá) son os obradoiros que foron cancelados ata o momento.
«Tamén houbo algúns, como o de Chair Dance, que tiñan que comezar en marzo con 25 prazas cubertas pero só asistiron 6, cursos que empezaron con retraso, convocatoria feita sen rigor, alumnado descontento…» destaca Cruz sobre o funcionamento deste servizo.

A concelleira socialista denuncia que «non nos podemos resignar a que unha cidade como a nosa non teña unha alternativa educativa de calidade».