Noticias

Critican a intención de gastar 700.000 euros no alumeamento de Nadal

Desde o grupo socialista critican a intención de gastar 700.000 euros no alumeamento de Nadal tendo aínda sen abonar os gastos do ano pasado.

María Fernández Ojea, concelleira socialista, lembrou que «aínda non teñan pagada a factura do ano pasado» ante a intención de aumentar o gasto nun 250%.

Critican a intención de gastar 700.000 euros no alumeamento de Nadal

Indicou a concelleira socialista que «o executivo de Democracia Orensana ten no orzamento para gastar en luces de Nadal 128.000 euros, se tiran moito 234.000 euros, non máis. Non dispoñen dos 700.000 que pretenden gastar».

Critican a intención de gastar 700.000 euros no alumeamento de Nadal
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

Ante as últimas informacións que indican un remanente de tesourería de máis de 100 millóns de euros, Fernández Ojea pregunta «se temos 123 millóns de remanente, débeda cero, se somos tan solventes… Por que non pagan as obras que fan? Por que non pagan nin sequera as festas que organizan? Aínda non pagaron a Cabalgata de Reis do ano pasado e pretenden contratar outro alumeamento de Nadal».

Botón volver arriba