Noticias

Data límite para o comedor sobre rodas

O 28 de marzo é a data límite para o servizo do comedor sobre rodas que presta o concello de Ourense e que non continuará en activo.

«O concello deixará de prestar o servizo» é a información que desde o concello de Ourense se está transmitindo ós usuarios deste servizo.

Data límite para o comedor sobre rodas

A concelleira do BNG, Rhut Reza, indica que «con esta chamadas compróbase unha vez máis a falta de total e absoluta de planificación do actual Goberno Local pois coñecían que o contrato coa empresa que presta actualmente o servizo a un total de 60 persoas, cifra que por outra banda foi minguando ano a ano xa que chegou a ter preto de 400 usuarias e usuarios, remata a finais deste mesmo mes».

Data límite para o comedor sobre rodas
Rhut Reza, concelleira do BNG

Ante esta situación, desde o BNG solicitan ó goberno municipal «que rectifique, que manteña a prestación do servizo ás persoas usuarias e que non as deixe tiradas». Tamén recordan que «o Concello ten desde finais de xaneiro enriba da mesa a posibilidade de asinar un convenio co Consorcio Galego de Benestar para a prestación do servizo a través do programa xantar na casa».

Botón volver arriba