Noticias

A debate o gasto realizado no Entroido

O PSdeG-PSOE de Ourense pon no centro do debate o que consideran un gasto desorbitado realizado polo goberno municipal no Entroido de 2024.

Natalia González Beneitez, portavoz socialista indica que «A falta do cómputo definitivo de todos os gastos do entroido, reafirmamos as nosas denuncias en canto ao desorbitado uso electoral de fondos públicos por parte de Jácome».

A debate o gasto realizado no Entroido

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE no concello de Ourense pon de manifesto que «cada día está máis claro que a política de pan e circo do rexedor para intentar mercar votos e se facer autobombo» prexudica outras áreas municipais.

A debate o gasto realizado no Entroido

Como exemplo destas prácticas, Natalia González recorda que este gasto «está a repercutir no maior desmantelamento social e económico do Concello de Ourense de toda a súa historia». Para rematar, a portavoz socialista destaca que «redúcense axudas sociais, recórtanse servizos de conciliación, precarízanse cada día máis os aqueles de carácter esencial, péchanse dotacións municipais e crece a hipoteca do Concello mentres a cidade languidece».

Botón volver arriba