Noticias

Allariz honra a José Suárez no Día das Artes Galegas 2026

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) homenaxeou en Allariz ao fotógrafo e cineasta José Suárez no Día das Artes Galegas 2026.

Na cerimonia participaron o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo; o académico Xurxo Lobato; o conselleiro José López Campos; e a alcaldesa María Cristina Cid Fernández, xunto a autoridades e familiares do artista.

Allariz honra a José Suárez no Día das Artes Galegas 2026

Quintana Martelo destacou a importancia de preservar o patrimonio artístico galego e de achegar estas figuras ás novas xeracións. Pola súa banda, Lobato subliñou que é a primeira vez que esta celebración se dedica a un fotógrafo. Definiu a Suárez como “o fotógrafo galego máis internacional”.

Allariz honra a José Suárez no Día das Artes Galegas 2026
Foto: RAGBA

Referente da fotografía galega

Durante a súa intervención, Lobato repasou a traxectoria de Suárez, nado en Allariz en 1902, e salientou o seu estilo directo e moderno, influenciado pola “Nova Obxectividade”. Destacou traballos como “Mariñeiros”, onde retratou con gran forza estética e humana as xentes do mar.

Tamén abordou o seu exilio en Arxentina tras 1936, a súa etapa no cine e a influencia da súa viaxe a Xapón, que marcou a evolución da súa obra.

Máis de 30 actividades en 2026

A RAGBA impulsará o Ano José Suárez, cun programa de máis de 30 actividades ao longo de 2026, incluíndo exposicións, publicacións e ciclos de cinema.

Allariz acollerá varias iniciativas, entre elas exposicións urbanas e a futura creación dun museo dedicado ao fotógrafo.

Botón volver arriba