Deportes

Dous podios para o Ourense Atletismo no Galego Sub16

O club Ourense Atletismo brillou no Campionato Galego sub16 de pista curta, celebrado esta fin de semana.

O club ourensán conseguiu dous podios grazas ás actuacións destacadas de Paula Carrión Álvarez e Usúe Bernárdez Jares.

Dous podios para o Ourense Atletismo no Galego Sub16

Paula Carrión proclamouse campioa na proba de salto con pértega cunha actuación impecable. A atleta ourensá realizou un concurso limpo dende os 2.61 metros ata os 2.91, establecendo así unha nova marca persoal. Na mesma disciplina, Naia Bermejo acadou a cuarta posición cun rexistro de 2.24 metros.

Dous podios para o Ourense Atletismo no Galego Sub16
Foto: Club Ourense atletismo

Pola súa banda, Usúe Bernárdez subiu ao terceiro caixón do podio na proba dos 1.000 metros tras unha emocionante carreira. A ourensá cruzou a meta cun tempo de 3:13.59, superando nun axustado final á atleta da Ximnástica, Candela Lago.

Ademais das medallas, outros deportistas do Ourense Atletismo tamén lograron bos resultados. Claudia Pérez foi cuarta nos 3.000 metros, rematando cun tempo de 11:02.32, mentres que Marcos Abeso quedou quinto na final dos 300 metros cunha marca de 40.94.

Con preto de sesenta participacións, o Ourense Atletismo demostrou unha vez máis a gran calidade da súa canteira e o seu prometedor futuro no atletismo galego.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.