A Asociación Down Ourense presenta o calendario solidario 2023 nun evento que se realizou no Pazo Provincial.
Na presentación desta iniciativa estiveron presentes a deputada provincial, Luz Doporto, a presidenta de Down Ourense, Sonia González, e o autor das fotografías do calendario, Emilio Romanos.
Down Ourense presenta o calendario solidario 2023
Na súa intervención, Luz Doporto puxo de manifesto a necesidade de proseguir con estas iniciativas que dan presenza á Asociación Down Ourense na sociedade ourensá.
Pola súa parte, Sonia González indicou que «o calendario solidario supón para Down Ourense unha fonte de ingresos moi importante e é unha vía máis de visibilidade e protagonismo para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais».
A tirada desta edición alcanza os 1.000 exemplares. 300 calendarios de parede e 700 calendarios de mesa. O prezo de venta de cada un deles será de 5€. Os beneficios da campaña solidaria irán destinados integramente ós programas para a promoción da autonomía persoal que realiza Down Ourense.