Noticias

Elvira Lama fai un balance positivo dos catro anos de mandato

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo de Limia, fai un balance positivo dos catro anos de mandato que finalizan o 28 de maio coa celebración das eleccións municipais.

A actual alcaldesa e candidata á alcaldía para o período 2023-27 percorreu a localidade de Xinzo de Limia acompañada por Valentín González Formoso, secretario xeral do Partido Socialista de Galicia.

Elvira Lama fai un balance positivo dos catro anos de mandato

«Alá onde goberna o PSOE  é capaz de transformar a realidade urbana e mellorar a calidade de vida das persoas» destacou Elvira Lama ó facer balance da súa xestión. Como mostra desa xestión e da colaboración do Goberno de España, Elvira Lama recordou o proxecto da travesía da N-525.

Este proxecto conta cun presuposto de case catro millóns de euros e permitirá a humanización, modernización e a dotación de equipamentos no tramo da N-525 á súa entrada en Xinzo. Ante a próxima cita electoral, a actual alcaldesa confía en continuar no cargo. Elvira Lama ten claro que a xente ve na súa figura «unha persoa cercana e no equipo de goberno, xente con capacidade para demandar doutras administracións financiamento que serían inabordables para un concello do tamaño de Xinzo».

Elvira Lama fai un balance positivo dos catro anos de mandato
Foto: PSdeG-PSOE

Valentín González Formoso aproveitou a súa visita a Xinzo para criticar ó presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda e indicar que están «moi orgullosos dos nosos candidatos».

Botón volver arriba