Enrique Álvarez Barreiro buscará un cuarto mandato en Vilamartín de Valdeorras nas próximas eleccións municipais do mes de maio de 2023.
O actual alcalde intentará revalidar a alcaldía por cuarta vez tras logralo nas eleccións de 2011, 2015 e 2019, as dúas últimas con maiorías absolutas.
Enrique Álvarez buscará un cuarto mandato en Vilamartín de Valdeorras
En opinión de Álvarez Barreiro, Vilamartín de Valdeorras «empeza a coller velocidade e non quero desaproveitar este momento de proseguir traballando polo noso municipio e realizando obras clave para os nosos veciños».
Dende a chegada do Partido Socialista ó goberno municipal, «pagamos a débeda municipal que era de 1,6 millóns de euros e nos últimos dous exercicios conseguimos que as arcas municipais tivesen remanente de tesourería para poder acometer investimentos importantes para o municipio», destaca o candidato.