Eventos

Exposición de Baldomero Moreiras en Celanova

Unha exposición de obras do artista Baldomero Moreiras estará este verán na Casa dos Poetas de Celanova cunha selección de carteis.

Esta exposición conta co comisariado da consultora de arte Olga Pastor. O concello de Celanova e a Deputación de Ourense colaboran con esta mostra da evolución da obra de Baldomero Moreiras.

Exposición de Baldomero Moreiras en Celanova

Baixo o título «Carteis, Cartazes, Affiches» atópase unha exposición onde o mundo do cartel conmemorativo e divulgativo nos permite percorrer a traxectoria artística do artista Ourensán. Nado en Celanova no ano 1955, Baldomero Moreiras á unha das figuras máis destacadas do mundo artístico en Galicia nas últimas décadas.

Utilizando o nome «cartel» nas linguas galega, portuguesa e francesa, Baldomero mostra unha obra que forma parte de moitas representacións culturais da provincia de Ourense. Esta exposición abrirá as súas portas o 3 de agosto, data prevista para o acto de inauguración.

Exposición de Baldomero Moreiras en Celanova
Cartel da exposición de Baldomero Moreiras

Ás 20h terá lugar un acto onde ademais de abrir a exposición, haberá música en directo, presentación de publicacións recompilatorias e charlas dos implicados. Desde o 3 de agosto e o 28 de setembro, a exposición de Baldomero Moreiras poderá visitarse en horario de 10 a 14h e de 16 a 19h de martes a sábado.

Botón volver arriba