Noticias

Falta financiamento para o Museo de Carlos Casares en Xinzo de Limia

Falta financiamento para o Museo de Carlos Casares en Xinzo de Limia e por ese motivo o PSdeG-PSOE solicita ó equipo de goberno que poña en marcha esta iniciativa.

«Non está nin redactado, nin tampouco teñen claro onde van a buscar o financiamento necesario para a súa execución» indica Elvira Lama sobre o estado do proxecto.

Falta financiamento para o Museo de Carlos Casares en Xinzo de Limia

Antes de ceder a alcaldía, o PSdeG-PSOE promoveu a adquisición dun edificio para destinalo a Museo de Carlos Casares e como punto de información turística. A portavoz socialista recorda que «a compra e rehabilitación do inmoble cun orzamento total de 396.457,05 euros» serviría para «atopar unha sede permanente da obra do escritor, por ser este un enclave singular no centro da vila, que ademais de servir como zona de museo aberto a cidadanía, presentaría unha superficie aproximada de 300 m², cunha distribución de aulas didácticas de estudo e recompilación de manuscritos orixinais».

Falta financiamento para o Museo de Carlos Casares en Xinzo de Limia
Foto: PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia

Botón volver arriba