Noticias

Falta de información turística ás portas de Semana Santa

O grupo municipal do PSdeG-PSOE lamente a falta de información turística que existe en Ourense ás portas dunha Semana Santa na que se agarda unha importante chegada de visitantes.

«Espérase un alto número de visitantes e moitos hoteis teñen as súas reservas ao completo hai días, pero escasean os lugares nos que preguntar» indica Alba Iglesias, concelleira Socialista.

Falta de información turística ás portas de Semana Santa

Entras os problemas que denuncian os socialistas atópase que a Oficina Municipal de Turismo está pechada polas tardes os sábados, domingos e festivos. «Esta situación resulta incomprensible tanto para os foráneos como para os ourensáns e ourensás» resalta Alba Iglesias.

Falta de información turística ás portas de Semana Santa

Ante esta situación, os socialistas denuncian que desde o concello de Ourense non se realicen accións para promover e favorecer o turismo. «Non podemos ofrecerlles calidade, nin servizos completos, nin instalacións en bo estado, nin limpeza, nin actividades, nin información precisa para cada traxecto ou espazo que desexen coñecer».

Botón volver arriba