O Grupo municipal do BNG denuncia falta de transparencia e información nas Xuntas de Área do concello de Ourense.
Ante as distintas preguntas realizadas polos concelleiros nacionalistas en cuestións relativas a distintas áreas, a resposta recibida foi a falta de concreción.
Falta de transparencia nas Xuntas de Área
O punto máis sensible tratado nas xuntas de área que se celebraron no concello afectaba ó cambio de mobiliario na concellería de Urbanismo. Desde o BNG denunciaron no seu momento o cambio dun mobiliario que estaba «en perfecto estado de uso» e a falta de supervisión dalgún funcionario ante «a cantidade inxente de documentación sensible alí almacenada».
«O Concelleiro delegado afirma descoñecer os motivos de ditas avarías, como tampouco soubo concretar cando entrarán en funcionamento os outros oito autobuses eléctricos» indicou Luís Seara cando lle preguntaron polos autobuses eléctricos.
Noutras áreas como a de Servizo Sociais, a concelleira «non facilitou nin información nin respostas» segundo indicou a concelleira Rhut Reza. Tampouco recibiu información Xosé Manuel Puga cando preguntou sobre «actuacións urxentes conducentes a solventar as múltiples deficiencias que ambas rúas acumulan».
A concelleira Erea Blanco tampouco recibiu a información solicitada sobre os cursos da Escola Municipal Continua. «A falta de planificación, a escaseza na oferta e que a día de hoxe aínda non comezaran cando o seu inicio anunciouse para o 1 de marzo» é a conclusión de Erea Blanco ante esta situación.