Eventos

4ª Feira Revive Ribadavia: reciclaxe creativa e consumo consciente

Ribadavia acolle os días 17 e 18 de maio a cuarta edición da Feira Revive, dedicada á supra reciclaxe e ao consumo consciente do Ribeiro.

O evento terá lugar na Igrexa da Madalena entre as 10:00 e as 22:00 horas, reunindo trinta expositores e unha variada programación de actividades.

4ª Feira Revive Ribadavia: reciclaxe creativa e consumo consciente

Desde a apertura do sábado, os visitantes poderán desfrutar de exposicións artísticas como a de «A Curuxa Tola» (11:00 h) e actuacións tradicionais, como a das pandeireteiras da Istoria (12:30 h). Ás 17:00 horas, a OMIX presentará o proxecto “Creando Futuros” e TROULA impartirá un obradoiro de construción de pandeiros veganos. Pola tarde, MoinSosas ensinará a crear bonecas Abayomis nun taller de reciclaxe. A xornada pecharase coa sesión de DJ Chemigal ás 19:30 horas.

O domingo 18, as actividades comezarán tamén ás 10:00 horas. Destacan o encontro de debuxo con Carolina Atuesta ás 12:00, e unha charla sobre autopublicación a cargo de Evelio Traba ás 13:00. Xa pola tarde, Fabiana Marques ofrecerá un obradoiro de papel reciclado ás 18:00 horas, antes da sesión final de DJ Ori Darko ás 20:00.

Esta feira, organizada polo Concello de Ribadavia coa colaboración de outros colectivos, busca concienciar sobre a importancia da reciclaxe creativa e o consumo responsable, nun ambiente de celebración primaveral.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.