Eventos

Festa de Entroido en San Cibrao das Viñas

A Festa de Entroido en San Cibrao das Viñas será o sábado, 18 de febreiro, con animación musical, concurso de disfraces e xogos para os cativos.

O concello de San Cibrao das Viñas quere fomentar a participación no evento de Entroido que organiza este ano. Trala suspensión da festa de 2022, o concello programou varias propostas para a edición de 2023.

Festa de Entroido en San Cibrao das Viñas

As dez primeiras comparsas en inscribirse terán un premio asegurado pola súa participación. A maiores, haberá un premio para as catro mellores comparsas. Tamén haberá sorteo entre todos os asistentes que acudan á festa disfrazados e estean inscritos.

As inscricións poden realizarse na páxina web do concello ou nas oficinas municipais entre o 23 de xaneiro e o 6 de febreiro. Food Trucks, inchables, charanga e Djs completan o programa desta festa.

Festa de Entroido en San Cibrao das Viñas

Botón volver arriba