Eventos

Festa infantil de Samaín en Coles

A ANPA do Colexio Antonio Faílde de Coles organiza unha festa infantil de Samaín coa que colabora o concello de Coles.

A Festa terá lugar o sábado, 29 de outubro, entre as 16:30h e as 19:30h no Pavillón de Coles. Inchables, chocolatada ou un percorrido terrorífico son algunhas das opcións que se nos ofrecen para unha tarde de festa.

Festa infantil de Samaín en Coles

As inscricións realizaranse o mércores, 26 de outubro na biblioteca do concello entre as 17h e as 20h. A entrada será de balde para os socios da ANPA e terá un custe de 2€ para os non socios.

Botón volver arriba