Eventos

A Valenzá presenta o programa das festas de San Bernabé 2026

A Valenzá xa ten listo o seu programa de festas de San Bernabé para este ano 2026.

O Concello de Barbadás colabora na organización duns festexos que se van celebrar os días 5, 6, 7 e 11 de xuño.

A Valenzá presenta o programa das festas de San Bernabé 2026

A programación inclúe grandes actuacións musicais, bandas tradicionais, sesións de picadiscos e actividades populares para todos os públicos.

Venres 5 de xuño: Arrancan as Festas da Valenzá

A música en directo vai inaugurar os festexos na xornada do venres. A partir das 23:30 horas, o público poderá gozar coas actuacións de Claxxon e de A Gramola Tour Truck, que poñerán o ritmo á primeira noite de verbena.

Sábado 6 de xuño: Bandas de música e Festa da Xuventude

O sábado contará cunha dobre cita musical diferenciada por horarios e estilos:

  • 19:00 horas (T. Altamira): Concertos das bandas de música Xuvenil de Celanova, Cultural de Barbadás e Música de Verín.
  • 23:30 horas: Gran Festa da Xuventude coa presenza de A Gramola Tour Truck. A música de baile correrá a cargo dos DJs Carlos Pintor, Alex G, Rubén Rey e Cristian RB.

Domingo 7 e xoves 11 de xuño: Ofeita musical e tradicións

A xornada do domingo estará protagonizada pola Orquesta Hugoband, que ofrecerá a súa actuación ás 21:00 horas.

Tras un breve descanso, as Festas da Valenzá van rematar o xoves 11 de xuño. A axenda final comezará ás 19:30 horas coa música do Duo D’3. Como broche de ouro, os asistentes poderán participar no popular Xogo da Pataca e degustar unha queimada tradicional.

A Valenzá presenta o programa das festas de San Bernabé 2026

Botón volver arriba