Eventos

Festas das Neves en Maceda

As festas das Neves en Maceda contarán en 2022 cunha variada e extensa programación de actividades sendo as actuacións musicais o elemento principal.

Maceda gozará durante as primeiras semanas de agosto da esperada celebración das súas festas patronais.

Festas das Neves en Maceda

A maiores das actividades realizadas durante a fin de semana das festas das Neves de Maceda, o concello dispuxo unha programación previa e posterior para dar forma a un completo programa de festexos.

Con anterioridade ós días máis importantes das festas, unha festa con inchables, música e escuma terá lugar o venres, 29 de xullo, nas piscinas municipais. Ó día seguinte, 30 de xullo, a XIII edición do Entroido Quente de Maceda encherá as rúas da vila para festexar durante este esperado evento.

Festas das Neves en Maceda

Chegamos á fin de semana das festas con cinco días de actividades. O venres, Pili Pampín e unha cea popular serán parte das actividades previstas.

Programa completo das Festas das Neves de Maceda 2022

Venres, 5 de agosto

  • 17h – Festa da Escuma
  • 20:30h – Maxia Familiar: Parece Mentira
  • 21:30h – Cea Popular
  • 23h – Pili Pampín en Concerto
  • 00h – Verbena coa Orquestra Tatoo

Sábado, 6 de agosto

  • 11h – Pasarrúas coa charanga A Felga
  • 13h – Concerto da Banda de Música Santágueda
  • 20h – Concerto de Os do Fuelle
  • 21:30h – Orquestra Magma
  • 00h – Concerto do cantautor Carlos Quintas

Domingo, 7 de agosto

  • 12h – Procesión coa Lira de Ribadavia e misa coa Coral Albricias de Maceda
  • 13h – Concerto coa Lira de Ribadavia
  • 21h – Orquestra Royal
  • 00h – Concerto de Os Besbellos

Luns, 8 de agosto

Martes, 9 de agosto

  • 13h – Concerto da Agrupación Musical da Limia
  • 20h – Concerto de Os Chouteiros
  • 21:30h – Orquestra Charleston
  • 00h – Concerto de Os Mitocondrias

Posteriormente ós cinco días de celebración das festas das neves, o concello contará con máis actividades. O xoves, 11 de agosto, chegarán á Praza das Toldas (22:30h) as XXXVII Xornadas do Folclore con grupos de Angola, México e Colombia.

Os días 12, 13 e 14 de agosto, unha nova edición do Pobo Fantasma en Chaioso converterá esta pequena aldea nunha localidade terrorífica. Por último, o luns 15 de agosto, a Feira e Mercado Medieval terá lugar a partir das 13h na Fraga do Castelo.

Paralelamente a estas celebracións, o concello terá en funcionamento dende o 27 de xullo ó 9 de setembro a Exposición «Historia da Medicina Rural Galega». Tamén estará exposta no Castelo de Maceda unha mostra de traxes medievais durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Festas das Neves en Maceda

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba