Eventos

Entroido Quente de Maceda 2022

A edición do Entroido Quente de Maceda do ano 2022 xa está lista para que gocemos dunha espectacular festa tras dous anos de ausencia.

Dentro dos festexos que percorren a provincia de Ourense durante o verán, o Entroido Quente de Maceda foi creando o seu propio espazo.

Entroido Quente de Maceda 2022

O sábado, 30 de xullo, Maceda vivirá unha xornada que servirá para quentar os corpos antes das festas das Neves de Maceda. Como non podía ser doutra forma, o Entroido Quente contará cunha nova edición do Ralli do humor. Esta esperada cita terá lugar ás 17h.

Entroido Quente de Maceda 2022

Non faltará a música neste evento que organiza a Asociación O Cruceiro coa axuda do Concello de Maceda. A charanga BCB realizará un pasarrúas ás 20h previo á final da Batalla de Galos (23h).

A partir das 00:00, máis música cos grupos Farra Fanfarra, Sondarúa e O Pirata.

Vídeo do Entroido Quente de Maceda

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba