Eventos

Festas do Portal 2021 en Ribadavia

As Festas do Portal 2021 celebraranse en Ribadavia coas medidas anticovid como protagonistas pero cun amplo programa de actividades.

Ribadavia vivirá nos próximos días as súas festas cunha programación variada, intensa e que terá un ollo nas medidas sanitarias. Do 3 ó 9 de setembro, artistas como Mercedes Peón mostrarán a súa valía nunhas festas que dan continuidade á programación cultural da vila.

Festas do Portal 2021 en Ribadavia

As actividades terán aforo limitado e será preciso reservar a entrada para acceder ó Castelo, escenario dos espectáculos.

Festas do Portal 2021 en Ribadavia

Programa das Festas do Portal de Ribadavia

  • Día 3, venres
    Festival “O País das Bandas” coa Agrupación Musical do Rosal ás 22.30h no Castelo.
  • Día 4, sábado
    FESTIVAL ARTEFICIAL durante todo o día na Alameda,
    NOISERV no Castelo ás 22h.
  • Día 5, domingo
    Festival de Bandas coa Banda A Lira de Ribadavia e a Banda de Música Airiños do Morrazo ás 20h no Castelo.
  • Día 6, luns
    Agrupación Musical da Limia ás 20h na Praza de San Xoan.
    Mercedes Peón ás 22h no Auditorio do Castelo.
  • Día 7, martes
    Banda Tributo DR. Queen ás 22h no Castelo.
  • Día 8, mércores
    GUADI GALEGO ás 22h no Castelo,
    Gran tirada de fogos de artificio.

Os días 5, 6, 7, 8 e 9 (xoves a luns) haberá animación polas rúas durante as mañás. Pola tarde-noite, están programados actividades.

Festas do Portal 2021 en Ribadavia

Reserva de entradas

As entradas para acudir ós concertos que se realizan durante as festas do Portal serán gratuítas pero será necesario facer a reserva. As entradas poden reservarse na Casa da Cultura de Ribadavia en horario de 9 a 14h de luns a venres.

Tamén se pode contactar mediante o teléfono 988471900 e o correo casacultura@ribadavia.es.

Actividades deportivas

Durante as festas do Portal de Ribadavia están programadas varias actividades deportivas. Torneos de Balonmán, Fútbol Sala Femenino, Tenis, Fútbol, Ximnasia Rítmica ou Baloncesto dan forma un intenso programa deportivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba