Eventos

Festas en San Xoán de Río

Os días 23, 24 e 25 celébranse as festas de San Xoán de Río cunha programación onde a gastronomía, a música e os actos relixiosos forman parte dun atractivo programa.

Os festexos de San Xoán de Río permiten que a poboación desta localidade se multiplique durante uns días ó recibir ós veciños e familias que viven fora durante o resto do ano.

Festas en San Xoán de Río

Juanki, de protección civil, será o encargado de dar o pregón que marca o inicio das festas. Despois do pregón, o grupo de ximnasia de San Xoán de Río realizará varias coreografías.

Ás 21h, unha pancetada popular reunirá á veciñanza e contará coa animación dos Bertolini. Non faltarán as tradicionais fogatas e a queimada antes da sesión de Dj’s que animará a noite de Río.

Para o sábado, 24 de xuño, está previsto que a banda de gaitas de Trives realice un pasarrúas pola localidade. A misa e procesión na honra de San Xoán completa a programación da mañá. Pola tarde-noite, o Dúo Ana e Cristina e a Orquestra Pontevedra animarán a verbena.

Festas en San Xoán de Río

O domingo, 25 de xuño, último día das festas, a charanga Nova de Trives realizará un pasarrúas por San Xoán de Río. Ás 13:30h, unha misa na honra a Corpus Christi porá punto e final ás festas de San Xoán de Río 2023.

Botón volver arriba