As Festas de San Xoan celebraranse en Seixalbo entre os días 23 e 26 de xuño cunha intensa programación musical.
Orquestras, banda de música e charangas aportarán a animación necesaria para que as festas de Seixalbo teñan en 2022 un ambiente parecido ó de antes da pandemia.
Festas de San Xoan en Seixalbo
As festas darán comezo o xoves, 23 de xuño, cunha festa onde non faltará a tradicional Queimada. A misa do día 24 contará coa presenza do Bispo de Ourense, D. Leonardo Lemos. A presenza de seis orquestras e dúas charangas será garantía para aqueles que teñan ganas de moita troula.
Xoves, 23 de xuño
- 22:00h – Noite de San Xoan coa charanga Sorcha e Cantares da Cunha
- 00:00h – Orquestra La OcaBand e charanga Sorcha
Venres, 24 de xuño
- 12:00h – Procesión e misa coa presenza do Bispo de Ourense, D. Leonardo Lemos
- 13:00h – Concerto da Banda de Música e Cultura de Galicia
- 22:00h – Orquestras Cordosom e America SL
Sábado, 25 de xuño
- 10:30h – Grupo Airiños de Caldelas
- 13:00h – Sesión Vermú
- 22:00h – Orquestras Charleston e Costa Verde
Domingo, 26 de xuño
- 10:30h – Charanga Escachapeitos
- 12:00h – Misa solemne
- 13:00h – Sesión Vermú
- 20:00h . Orquestra Suavecito
