Dacón prepárase para vivir os seus grandes días coas festas na honra a Santa Rita 2026.
O programa oficial inclúe unha ampla variedade de actividades musicais, motoras e tradicionais que se estenderán durante varias xornadas do mes de maio.
Dacón celebra as súas festas na honra a Santa Rita
A música será un dos pratos fortes da celebración coa presenza de formacións moi recoñecidas. O venres 22 de maio a diversión comezará ás 14:00 horas co pasarrúas e concerto da Banda de Música Xuntanza Carballiño. Pola noite, a partir das 22:30 horas, DJ Smile porá o ritmo antes de dar paso á prestixiosa orquestra Miramar, que actuará ás 23:00 horas.
O sábado 23 de maio a música tradicional regresará ás 14:00 horas da man da Charanga Licor-K. Na última gran noite de verbena, DJ Smile repetirá sesión ás 23:00 horas xusto antes do prato forte: a actuación da orquestra La Fórmula ás 00:00 horas. Ademais, a organización confirmou que haberá un sorteo de 500 € durante a actuación da Fórmula.
Motor e tradición equina no programa
O cartel festivo arrancou o pasado domingo 10 de maio coa celebración da tradicional Festa do Cabalo, que incluíu o sorteo dun poldro.
A vindeira cita previa ás verbenas terá lugar este domingo 17 de maio coa IX Xuntanza de Clásicos. Para a tarde está programado un espectáculo de balde que contará coas exhibicións de NH Pina, Saque Stunt e Pedriña 4×4.
