Noticias

As festas da Valenzá 2024 xa teñen organizadores

As festas da Valenzá 2024 xa teñen organizadores tras ser designados polo concello para encargarse da xestión duns festexos que se celebrarán no mes de xuño.

Para ser exactos, as festas da Valenzá xa teñen data e serán os días 7, 8, 9 e 11 de xuño contando con actividades que se realizarán en diversas localizacións.

As festas da Valenzá 2024 xa teñen organizadores

A Asociación Comisión Festas San Bernabé foi designada desde o concello para organizar unhas festas que tamén pretendían xestionar unha empresa privada e un particular. Un dos puntos fortes da proposta que realizou a Asociación Festas San Bernabé foi non concentrar os festexos nun único lugar.

A edición deste ano xa conta con informes de Secretaría e Policía Local para un correcto funcionamento. Tamén temos xa un avance da programación que os veciños e veciñas da localidade poderán celebrar durante varios días.

As festas da Valenzá 2024 xa teñen organizadores
Foto: Concello de Barbadás

Entre as primeiras actividades que atopamos para a celebración deste ano están:

  • Venres, 7 de xuño – Actuacións musicais en varios lugares da Avenida de Celanova
  • Sábado, 8 de xuño – Disco Móbil no Parque da Liberdade
  • Domingo, 9 de xuño – Actos relixiosos e un concerto ó remate
  • Martes, 11 de xuño – Disco Móbil á noite

A organización tamén avanza a celebración de Artilandia, a actuación dun mago no Parque dos Patos, unha Festa da Escuma na Solaina, torneo de fútbol sala e un concurso de tute.

Botón volver arriba