A subdelegación do Goberno e o Concello de Ourense farán un fronte común para establecer medidas de seguridade durante as actividades de verán.
Eladio Santos, subdelegado do Goberno, e Aníbal Pereira, tenente de alcalde do concello de Ourense, copresidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade.
Fronte común para establecer medidas de seguridade durante o verán
Na reunión tamén se analizou a situación da cidade de Ourense no ámbito da seguridade durante o actual 2024. Nese eido, destacouse a diminución das denuncias por agresións sexuais, o descenso de roubos nas vivendas e os perigos da ciberdelincuencia.
Eladio Santos destacou que «a diversidade das actuacións que levan a cabo os corpos de seguridade e a importante coordinación que existe entre eles, o que nos permite sentirnos protexidos. É evidente que as cousas están funcionando, aínda que obxectivo cero e imposible de conseguir».
Coa vista posta no verán, a vixilancia nas celebracións, o turismo e as vivendas baleiras foron os principais puntos a tratar. «O Goberno de España vai a reforzar en nove comunidades que teñen afluencia turística as cadros de persoal de seguridade cidadá con 2.724 axentes de Policía Nacional e 1.683 efectivos da Garda Civil. A Galicia asignaránselles 354 axentes. Ademais, haberá un reforzo especial para o Camiño de Santiago, así como nas campañas especiais de tráfico postas en marcha pola DXT para mellorar a seguridade viaria durante o verán» lembrou Eladio Santos.