Noticias

O IES O Ribeiro roda un documental en Ribadavia

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do IES O Ribeiro realizou a rodaxe dunha curtametraxe documental en Ribadavia dentro do proxecto Cinema en Curso.

Entre o 10 e o 13 de abril, os estudantes gravaron en espazos como o mercado, o río ou o asilo, reunindo máis de 80 pezas audiovisuais.

O IES O Ribeiro roda un documental en Ribadavia

O documental aborda a relación coa contorna, as migracións e a memoria das persoas maiores.

O IES O Ribeiro roda un documental en Ribadavia
Foto: César Tejada

A iniciativa, coordinada pola Filmoteca de Galicia e AGADIC, conta coa participación de só catro centros galegos. No caso do IES O Ribeiro, o alumnado traballou co director Sebastián Uría.

Tras a rodaxe, comeza agora a fase de montaxe. A estrea será o 12 de xuño na Filmoteca de Galicia e o 15 de xuño na Casa da Cultura de Ribadavia.

Botón volver arriba