Colaboraciones

José Luis Troitiña recomenda a lectura de…

José Luis Troitiña Mota, Xerente do Liceo de Ourense, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.

José Luis Troitiña recomenda a lectura de…

REBELIÓN EN LA GRANJA, de George Orwell

O libro foi unha proposta de un profesor de literatura. Nunha primeira lectura xa me cativou a historia, e logo de reler varias veces máis, en cada lectura descubría algo novo, algún detalle.

Unha novela relativamente fácil de ler, cunha mensaxe clara, onde o abuso de poder, corrompe, e leva a avaricia, a discriminación e a traizón. En definitiva unha lectura que fai pensar, e que fai a sociedade máis libre e con pensamento crítico.

José Luis Troitiña recomenda a lectura de...

Unha novela na que un pode “construirlle” cara e corpo a cada un dos personaxes da historia. Aínda que está baseado nunha época concreta dos acontecementos despois da Revolución Comunista e na etapa stalinista na Unión Soviética, tamén se pode extrapolar a outros momentos e personaxes da humanidade, quizais non tan públicos ou coñecidos, pero onde ser vítima da ambición e do poder, pode converter persoas en seres odiosos.

José Luis Troitiña Mota – Xerente do Liceo de Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba