Eventos

Leiro presenta a súa Festa da Vendima

O concello de Leiro presenta a súa Festa da Vendima de 2022 nun acto celebrado na Deputación de Ourense, entidade colaboradora.

A Festa da Vendima de Leiro chega á súa 31ª edición cun amplo programa de propostas que inclúen concertos, artesanía, concentración de clásicos e a habitual mostra de viños.

Leiro presenta a súa Festa da Vendima

Esta cita será os días 27 e 28 de agosto en Leiro e xa podemos engadir ás nosas axendas tódolos detalles do evento. «A cultura da uva, o gran motor económico da comarca do Ribeiro» segundo indica Cesar Fernández, vicepresidente segundo da Deputación, é a razón de que este evento plenamente consolidado alcance a súa 31ª edición.

Francisco Fernández, alcalde de Leiro, destacou a Festa como «un gran escaparate dos nosos mellores produtos». No acto de presentación tamén estivo presente Ramón Álvarez, concelleiro de Cultura en Leiro.

Leiro presenta a súa Festa da Vendima
Presentación da XXXI Festa da Vendima en Leiro. Foto: Deputación de Ourense

Programa da XXXI Festa da Vendima de Leiro

A programación da Festa da Vendima de 2022 comeza o sábado, 27 de agosto, co concerto de Corais da Vendima ás 20h. Nesa mesma xornada, terá lugar a apertura da 3ª Mostra de Viños de Leiro.

O domingo, 28 de agosto, o día comezará coa recepción e exposición de acios presentados a concurso. Ás 12h., Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura, será o encargado de ler o pregón desta edición da Festa.

Antes do xantar, un desfile de carrozas e charangas e a IV Concentración de coches clásicos para estirar ó máximo o tempo da mañá. Está previsto o xantar comunitario para as 14:30h. Ó remate do xantar, entregaranse os premios dos concursos de Acios e Carrozas.

Haberá tempo para as actividades infantís que inclúen nesta ocasión un espectáculo de maxia e unha festa da escuma. Tanto o xantar como as actividades infantís terán lugar no Salgueiral, localización onde estará o Mercado Artesanal durante todo o día.

O partido de presentación do CF Leiro ás 17:45h e o musical «Camiñantes e cantantes» ás 21h porán o peche á edición da Festa da Vendima de 2022.

Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba