O grupo municipal do BNG en Barbadás preguntará por que levantan unha obra recen rematada na estrada OU-540.
Tras unha demora de máis de tres anos na execución das obras, a rotonda de acceso á A-52 na estrada OU-540 xa estaba rematada.
Levantan unha obra rematada recentemente
«Ao longo dos últimos case tres anos, desde o BNG presentamos para debate ante o Pleno varias iniciativa sobre a situación ao tempo que, rexistráronse outras tantas no Parlamento Galego tendentes a verter luz sobre a tardanza na execución das obras», sinala Sarín Núñez, portavoz nacionalista en Barbadás.
Ese punto de acceso á autovía A-52 rexistrou varios accidentes de gravidade nos últimos anos e esixía unha reforma para mellorar a seguridade viaria.
A sorpresa foi que unha vez rematadas as obras, os operarios están a levantar de novo parte da construción. «Nos últimos días, as isletas construídas nese punto para facilitar a seguridade no cruzamento, están sendo levantadas de novo» indicou Núñez.
A formación nacionalista preguntará no próximo pleno do concello de Barbadás por este tema. Sarín Núñez pedirá ó goberno local «información sobre que é o que está acontecendo e os motivos polos cales un proxecto que se acaba de executar volve a ser obxecto de obras».