Eventos

Lucía Álvarez presenta «A espada de Mouruás» no Marcos Valcárcel

A actriz e directora Lucía Álvarez presenta «A espada de Mouruás» nun acto que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Esta película documental conta a historia da contorna de Mouruás (San Xoán de Río) a través do descubrimento dunha espada con 3.000 anos de antigüidade.

Lucía Álvarez presenta «A espada de Mouruás» no Marcos Valcárcel

As distintas imaxes do lugar trasládanos ós antigos asentamentos celtas coa voz en off de Lucía Álvarez. A directora deste traballo audiovisual estará presente no acto que terá lugar mañá ás 13:45h no Marcos Valcárcel de Ourense. Tamén estará presente o músico Gutier Álvarez que aporta o acompañamento musical á película documental.

Estamos ante un traballo audiovisual inclusivo que conta con subtítulos homologados por CESyA para persoas xordas.

Lucía Álvarez presenta "A espada de Mouruás" no Marcos Valcárcel

«A espada de Mouruás» compite no OUFF (Festival de Cine de Ourense) na sección Panorama Galicia. O pasado luns, 2 de outubro, tivo lugar a súa proxección no Teatro Principal de Ourense. Este venres, día 6, a película documental será proxectada no cine Pontevella ás 22h.

Mezzoforte 111 e Por lo Visto foron as produtoras responsables deste traballo realizado por Lucía Álvarez.

Botón volver arriba