Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, pide explicacións a Manuel Baltar pola súa «irresponsabilidade» ó ser detectado por un radar de tráfico cando circulaba a 215 km/h.
Os feitos tiveron lugar o domingo pasado, 23 de abril, na A-52 ó seu paso pola provincia de Zamora. Un radar de tráfico detectaba un dos coches oficiais da Deputación de Ourense circulando a 215 km/h. Ó volante do vehículo ía o presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Luis Seara pide explicacións a Baltar pola súa «irresponsabilidade»
«Os feitos son dunha tremenda irresponsabilidade pois xa non soamente falamos da comisión dun delito, feito xa de por si grave, senón das consecuencia que podería ter tido», indica Luis Seara.
Ante esta situación, Luis Seara indica que «queremos advertir que baixo ningún concepto, o pago da sanción ou os gastos derivados da posíble responsabilidade penal que se lle puidera impór ou mesmo os derivados da súa defensa poden saír das arcas da Deputación Provincial».

Para poder por luz a este problema, Seara pide «explicacións e que non que faga o que fai sempre que é dar a calada por resposta e non asumir ningunha responsabilidade».