Luís Seara, portavoz do BNG no concello de Ourense, valora a nulidade do cese do interventor municipal que anunciou o xulgado do Social nº1.
«O Maxistrado confirma o que nós viñemos denunciando ao longo dos últimos meses en relación a este asunto, que o cese do Interventor non se axustaba a dereito», indicou Seara.
Luís Sera valora a nulidade do cese do interventor
Advirte Seara que «en realidade, obedecía non a cuestións técnicas senón que estabamos diante dunha persecución e caza de bruxas contra todos aqueles funcionarios que simplemente fan o seu traballo con obxectividade e rigor e non son dóciles aos intereses da alcaldía».

Ademais de valorar esta sentenza, Seara lembrou o acontecido fai uns meses coa Xefa da Policía Local. «Estamos diante da segunda sentenza que condena ao Concello por acoso, logo da ditada no caso da Intendente-Xefa da Policía Local e que o obriga a ter que pagar unha indemnización de 30.000 euros que sairán dos petos da veciñanza. Jácome segue a pensar que xestionar o Concello de Ourense é como xestionar Jolper».