Mario González Sánchez, docente, escritor e músico, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.
Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.
Mario González recomenda a lectura de…
El Juego del Ángel, de Carlos Ruiz Zafón
«O libro chega ás miñas mans grazas a uns compañeiros. Colaborara con eles na elaboración dun traballo e como agradecemento agasalláronme con este libro».
«Empecei a lelo no avión, nunha das miñas viaxes a Barcelona. Ía pasar as vacacións de Nadal con parte da miña familia. Polas noites dedicaba un tempo á lectura e polo día percorría os lugares onde se desenvolve parte da trama. Era emocionante tratar de descubrir aqueles lugares aos que fai referencia o libro».
«Recomendo a lectura de calquera libro deste extraordinario escritor que conseguiu combinar un estilo literario comercial coa sutiliza dunha mente privilexiada. O día 20 de xuño de 2020 deixounos fisicamente, pero o seu valioso legado cultural quedará para sempre entre nós».
Mario González Sánchez – docente, escritor e músico.